HOXE EMOCIONÁMONOS

Alegría, tristura, calma, medo, rabia...cantas emocións somos capaces de sentir! Hoxe queremos poñernos en situación e identificar cada un dos nosos estados de ánimo! 


Serías quen de axudarlle ao monstro de cores a organizar as súas emocións?? Enche cada frasquiño da cor da emoción correspondente e escribe o seu nome. 


Agora propoñémosche catro emocións, cada unha organizada no seu frasquiño. En cada recadro debes debuxar algo que che suscite ou che provoque cada unha das emocións. Podes recortar con tesoira os frasquiños e pegalos ao carón do debuxo feito por ti co que se identifique...


Agora poñémoslle música ás emocións! Atréveste a cantar con nós?


Unha das emocións que mellor nos fai sentir é o estado de calma. Para eses momentos onde vos invadan outras emocións como a rabia ou o medo propoñémosvos un xogo... E se confeccionamos a nosa propia pelotiña antiestrés? Relaxa moito!


Ademais, seguro que hai algo que vos está pasando por dentro a todos, e son as ganas de saír a movervos...! Aquí vos vai unha proposta para correr detrás do monstro!


O monstro tamén fala inglés, ou pensades que as emocións non entenden de idiomas? 
Aquí tedes o seu nome en inglés. Se pinchades nos diferentes nomes poderedes escoitar como se di. 



Pero...acordádesvos? Imos probar. Picade na imaxe e intentade poñerlle a cada monstro o seu nome. Sorte!


OS VOSOS CONTOS

Grazas a todos e todas por compartir con nós as vosas fotos, os vosos contos favoritos e, sobre todo, por facer que xuntos na distancia sigamos soñando!



HOXE FESTEXAMOS O DÍA DO LIBRO

Que mellor maneira de festexar o Día do Libro que lendo...

Por iso queremos propoñervos que compartades con toda a Escola o voso conto favorito. 
Só tedes que facervos unha foto co conto e enviala a anosaescoladez@gmail.com

Coas fotiños faremos unha montaxe polo que precisamos que as enviedes como moi tarde mañá venres día 24. 



Os contos están cheos de historias que nos levan a mundos imaxinarios. 
Con este dado que vos propoñemos, poderedes crear todas cantas historias queirades, só tedes que deixar voar a vosa imaxinación!



CONMEMORAMOS O DÍA DA TERRA

"Ao longo de milleiros de anos o home loitou por abrirse un lugar na natureza. Por primeira vez na historia da nosa especie, a situación converteuse e hoxe é indespensable facerlle un lugar á natureza no mundo do home"
Santiago Kovadloff

Hoxe conmemoramos o Día da Terra, e é unha boa oportunidade para reflexionar sobre aquelas pequenas cousas coas que podemos contribuir a mellorar o mundo no que vivimos. 

Podemos comezar pola reciclaxe. Aprendemos a separar correctamente os envases nos seus correspondentes colectores. 






 E se facemos un ambientador ecolóxico sen productos químicos?


Isto non é máis ca unha suxerencia. Podedes experimentar coas froitas e herbas aromáticas que teñades polas vosas cociñas. Veredes que ben cheira!!! (a esencia de vainilla é opcional). 

Cartóns, tapas, botes, cordeis...Con todos os materiais de refugallo que tedes pola casa, de seguro que podedes construir un divertido xoguete!!! O aforro no consumo do plástico contribúe a mellorar o noso planeta!!!

Aquí vos deixamos unha idea!


Non esquezades mandar fotiños a: anosaescoladez@gmail.com 


UNHA PROPOSTA DE ANIMAIS!

Hoxe visítannos na Escola moitos animaliños. Viñeron todos dende a granxa de Malu, alí algo lles aconteceu. Prestade moita atención ao conto.




Espabilamos os dediños para facer agora repaso con Eva dos nomes dos animais do conto. 




Atréveste a resolver este divertido encrucillado de animais?



A, E, I, O, U...Completa os nomes dos animais con cadansúa vogal!!!




Cal é o teu animal favorito??? Vive na granxa, no monte, na selva...??? Se te atreves podes facelo con material de refugallo. Mira a nosa proposta!!!




Non esquezades mandar fotiños a  anosaescoladez@gmail.com


Escoitade ben atentos a canción de Dona Carme! 
Que morea de animais agocha debaixo da cama!!!



E como seguro que en todas as casas tedes uns cantos roliños de papel hixiénico, imos montar un circuíto...moi salvaxe!


E por último, algo que a maioría de vós desfrutades moito....a escoitar, cantar, bailar e fuxir 'lion'!!!



E HOXE UNHA PROPOSTA SAUDABLE E COLORIDA!

As froitas e as verduras son unha fonte de vitamina saudable que debedes incluír na vosa dieta para medrar fortes e sans!

Hoxe imos coñecer moitas verduras!



Agora toca escribir as letras dos seus nomes...



Imos ao mercado. Clasifica cada alimento na súa cesta!




Xa fixemos a compra!! E se preparamos unha merenda saudable?

Isto só é unha idea, vós podedes preparar o batido coas vosas froitas preferidas. 

Non esquezades mandar fotiños a  anosaescoladez@gmail.com

Un conto, o do ratiño Frederick!



A profe Conchita convídanos a compartir!



Curtametraxe só en imaxes, sen audio


E por último, animádesvos a mover o corpo cada vez máis rápido?


HAPPY HOLIDAYS

EASTER TIME

Hello everybody..!! Happy Easter and Happy Holidays...!!

Dicimos 'Happy' porque sabemos que dentro de todo isto que está pasando, vós sabedes sacarnos un sorriso todos os días... así que, imos entreternos estes días que veñen por diante! 


FIVE LITLLE BUNNIES

Ademais de cantar, atrevédesvos a xogar con cinco obxectos que teñades pola casa...? Poden ser bonecos, animais pequeniños, o que se vos ocurra!





EASTER BASKET 

Aquí tedes un pouquiño máis de tarefa! Soamente tedes que picar no enlace que hai debaixo da imaxe.



LET'S PLAY....WHAT IS IT...? GUESS!




MOVE YOUR BODY

Non vos esquezades de mover o esquelete...




E para os e as máis atrevidos/as....





See you soon...raccoon!

HOXE, UNHA DINOPROPOSTA!

Os dinosaurios que tanto nos gustan viviron no noso planeta fai uns 65 millóns de anos. 

Queredes coñecer como? Imos aló!





Fixádevos ben neles, imos aprender os nomes e son tan, tan difíciles que precisamos poñer moita atención!





Teñen máis ou menos letras que o teu nome? Son máis longos ou máis curtos? De todos os nomes dos dinosaurios, cal é o que máis letras ten? E o que menos?



Toca agora facer o reconto. OLLO! Non se che vaia despistar ningún, pode ser perigoso...


Se te fixas en dous dos grupos hai o mesmo número de dinosaurios, cales son?


TOCA CONTO!!!

Coñecedes a Belisario??? Escoitade atentamente a historia deste dino mandón!




E AGORA DOUS DINOXOGOS!!!

-O DINOPUZZLE:

Recorta pola liña de puntos, desordena as pezas e logo monta o teu Dino Belisario.

- O DINOGLOBO:


Debuxa e recorta a cabeza, as patiñas, e a cola do teu dino favorito, móntaas nun globo e a xogar!


FACEMOS UN EXPERIMENTO???



Non esquezades mandar fotiños a  anosaescoladez@gmail.com



E POR ÚLTIMO, ATRÉVESTE A CANTAR UN CONTO....? 


Seguro que esas cariñas e mans están desexando acompañar a estes dinos tan diferentes...!!!