LINGUAS DE SIGNOS ESPAÑOLAS

O vindeiro domingo 14 de xuño conmemórase o DÍA NACIONAL DAS LINGUAS DE SIGNOS ESPAÑOLAS e por iso queremos adicar o día a elas. 

Para comezar, imos observar unha imaxe do alfabeto dactilolóxico de LSE. 



Saberíades dicir os vosos nomes? E o dos vosos pais e nais? A probar, e a ver con que nos sorprendedes!

Se lembrades, ao longo dos días fumos vendo contos e cancións nas que se empregaba a lingua de signos: no Monstro de cores aparecían as diferentes cores, noutra ocasión viamos os nomes dos animais... Poderiades recordar algún deles? Imos a axudarvos un poquiño.




E velaquí vos traemos algo novo. Trátase do conto da Lúa e os seus amiguiños. Imos escoitar e ollar con atención, a ver si sodes capaces de nomear a Lúa, o Sol, o caracol...en lingua de signos!



PROTAGONISTAS

Vós sodes os nosos protagonistas principais e por iso hoxe queremos adicar esta entrada a recoller algunhas  fotos recibidas cos vosos traballiños


As palabras en galego favoritas: 


E as vosas obras de arte, increíbles:





Lembrámosvos que no apartado do blogue "Os vosos traballiños" imos subindo montaxes coas fotografías que ides enviando todos ao noso correo anosaescoladez@gmail.com

Moitas grazas por poñer tanto esforzo!

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

O 5 de Xuño celébrase o Día Mundial do Medio Ambiente e nós queremos celebralo todos xuntos tamén. 

Imos comezar unha canción que nos trae unha mensaxe moi importante A RECICLAXE, estade moi atentos e atentas. 



E agora, imos procurarar descifrar esta mensaxe secreta. Ollade as imaxes, por que letra comezan? Cal é o segredo que agochan?


Cando falamos de Medio Ambiente sabedes que falamos de todo aquilo que nos rodea de forma natural: a auga, a terra, as árbores, as follas, o vento... Ofrécennos moitas posibilidades, por iso, queremos que empreguedes con nós todos estes elementos, pero temos dun xeito responsable e coidándoos. 


Imos comezar por escribir con un deles axudándonos cun cordel. Que palabras se vos ocorren? Con que ides facelas?


Ademais, temos algo moi preto que tamén nos sirve para moito: as pedriñas. Animádesvos a decoralas como máis vos guste? Podedes pintalas ao voso gusto! Se queredes ata podedes inventar un conto con elas ou xogar ao tres en raia ou dominó!


Antes falabamos das follas e hai uns días tamén das flores. Imos deixar voar a nosa creatividade con elas. Estamos desexando ver as vosas obras de arte. Aquí vos deixamos algunhas ideas. 


Como vos diciamos, temos que coidar todo o que nos rodea. As pegadas que deixemos no entorno teñen que ser moi moi pequeniñas, como se andivesemos nas puntas dos pés para non destrozalo. E falando de pegadas e puntas dos pés, aquí tedes un xogo moi divertido.


Por último, hoxe falamos do planeta, do mar, da terra e das árbores. Sabedes como se di iso en inglés? Premede na imaxe e repetide con nós os seus nomes.