CELEBRAMOS AS LETRAS GALEGAS

     Ao longo do segundo trimestre fixéronse diferentes actividades relacionadas coa homenaxeada deste ano nas Letras galegas, Xela Arias.

    A primeira que fixemos foi buscarlle nome ao noso colexio, unha “carteira” veu a explicarnos os problemas que ten para entregarnos os paquetes e pídenos que busquemos unha solución a ese problema. A mascota da nosa biblioteca, Xeliña, deixou en cada clase unha peza, con unha fotografía e unhas pistas. Seguindo as súas indicacións, chegamos á “Máquina do tempo” grazas á cal descubrimos que a personaxe agochada era Xela Arias.




    Tamén levamos a cabo unha representación da “Fraga dos paxaros faladores e a fraga leopardicia” no noso xardín, con material de refugallo.


E para rematar, o alumnado de 6º de infantil fixo unha representación teatral do conto de Xela Arias “A fraga do paxaros faladores e a fraga leopardicia”.


SEMANA DO LIBRO

Dende o equipo de biblioteca leváronse a cabo varias propostas que se fixeron ao longo desta semana. 

Unha delas partiu do texto de Xela Arias “Andei investigando que facer”, do seu libro “Non te amola!”, o alumnado de 6º achegousea á figura de diferentes escritores/as da nosa contorna, reconllendo ese tráballo nunha exposición de retratos feitos por eles, da que puido disfrutar toda a comunidade educativa.


    Outra foi unha representación dun conto clásico para o alumnado, mesturando o conto rimado con cancións. Partindo deste conto fixéronse distintas manualidades así como unha “Xincana dos contos”, con unha minirepresentación protagonizada polo “lobo feroz”. Dende o equipo da biblioteca pasouse un dosier de actividades relacionadas con esta xincana.






DÍA DA POESÍA

Xela adicoulle este poema ó seu fillo Darío, e o noso alumnado fixo a súa pequena adaptación con todo o seu cariño. Para iso empregaron material de refugallo e ilustracións propias. A nós encántanos o resultado! Bo traballo



DA ESCOLA Á CASA


                                                                                                                       
                                                                                               
 Benvidas e benvidos  ao blogue da nosa Biblio!   

Ao longo das semanas Xeliña, a mascota da Biblio, iravos achegando unha morea de propostas de lectura e actividades lúdicas que poderedes facer en familia!
Agardamos  que deixes voar a túa creatividade e imaxinación!!! porque xa sabes.... se queres aventura lánzate á lectura!!!



SEMANA DA PRENSA

Para conmemorar a semana da prensa 2021 realizamos un xornal propio, poñendo o noso ollo nas noticias da comarca e en Xela Arias. Cada nivel ocupouse dunha sección, contando esta con ilustracións dos máis pequenos. Esta actividade foi levada a cabo na biblioteca da escola.



DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

 A través do contacontos de Daniela Pirata, adentrámonos nas aventuras desta aventureira que reinvidica a igualdade de oportunidades.  Posteriormente, o alumnado participou nunha xincana pirata onde tiveron que sortear diferentes probas. Foi moi divertido!

Tamén coñecemos un pouquiño máis da labor de Xela na súa defensa pola igualdade da muller. Para isto, todo o alumnado realizou diferentes manualidades, aquí vos deixamos unha mostra delas.




DÍA DE ROSALÍA

 A partires do poema " Vente rapaza" de Rosalía elaboramos un mural, seguindo a técnica de Andy Warhol.