Ao longo do segundo trimestre fixéronse diferentes actividades relacionadas coa homenaxeada deste ano nas Letras galegas, Xela Arias.
A primeira que fixemos foi buscarlle nome ao noso colexio, unha “carteira” veu a explicarnos os problemas que ten para entregarnos os paquetes e pídenos que busquemos unha solución a ese problema. A mascota da nosa biblioteca, Xeliña, deixou en cada clase unha peza, con unha fotografía e unhas pistas. Seguindo as súas indicacións, chegamos á “Máquina do tempo” grazas á cal descubrimos que a personaxe agochada era Xela Arias.
Tamén levamos a cabo unha representación da “Fraga dos paxaros faladores e a fraga leopardicia” no noso xardín, con material de refugallo.
E para rematar, o alumnado de 6º de infantil fixo unha representación teatral do conto de Xela Arias “A fraga do paxaros faladores e a fraga leopardicia”.