MÁIS COUSIÑAS PARA VÓS

Como vos foi no obradoiro de repostería da fin de semana??? Seguro que saíron uns biscoitos exquisitos....

A Cocorico tamén lle encanta o biscoito. 


(Cocorico en en lingua de signos)

Seguimos coas mans na masa... e se facemos a nosa propia plasti??

É moi doado, só tedes que seguir estas instrucións...


Xa está feita! Xogamos con ela? 

Modelamos formas, letras, números, podemos facer animais, bonecos, ou unha das cousas que máis vos gustan... comidiñas para xogar na cociña!!!


Non esquezades mandar esas obras a anosaescoladez@gmail.com

Pero...sabes de onde ven a fariña? Mirade ben atentas e atentos o que nos canta Migallas!


Con tantas cousas, Cocorico perdeu a conta...Axudámoslle a colocar os ovos no seu lugar? 


E agora, espelide ben a fariña dos dediños, que teñen que andar ben lixeiros para este xogo:



Por último, sabemos que sodes uns cantaríns, e que se vos propoñemos aprender unha canción non ides a dicir que non, sexa no idioma que sexa...! Vexamos logo:




PROPOSTA PARA UNHA FINDE EN FAMILIA

Que vos parece se metemos as mans na masa???

No seguinte vìdeo Telmo e Tula explícannos como facer unha exquisita tarta/biscoito de chocolate. Prestade moita atención superchefs!!! 




É ben sinxelo. Queredes facer o voso propio postre??
Non esquezades escribir todos os ingredientes na receita que vos achegamos deseguido!!!


Lembrade mandar fotiños a anosaescoladez@gmail.com


Deixádelle unhas farangulliñas ao Polo Pepe, devécese por elas...
Aquí vos deixamos outra recomendación de lectura. 





O POLO PEPE (en Lingua de Signos).

E mañá, SÁBADO día 28, TODAS e TODOS a APLAUDIR!!! Nós, por suposto, alí estaremos!!!


SEGUIMOS PROPOÑENDO COUSIÑAS...

OLA, OLA PRIMAVERA!



SI! O día 21 de marzo comezou a PRIMAVERA e, como cada ano, na escola poñémonos mans á obra co traballo da nosa horta!





Poproñémosvos a elaboración destes ECOSEMILLEIROS. 

Para isto precisaredes:

  • 1 cáscara de ovo.
  • Rotuladores de cores ou témperas.
  • Algodón ou panos de papel. 
  • 6 lentellas.
  • Auga e sol. 
Os pasos a seguir:
  1. Escachar un ovo con coidadiño pola parte superior do mesmo (onde fai máis pico). 
  2. Lavámolo con coidadiño e secámolo. 
  3. Decoramos o ovo como máis nos guste, nós propoñemos unha cariña. 
  4. Introducimos dentro do ovo un pouquiño de algodón ou un pano de papel e poñemos as sementes nel.
  5. Humedecemos o algodón ou o pano de papel con auga (só humedecer). 
  6. Asentamos o ovo enriba dun tapón e ubicámolo nun lugar con luz solar.  
  7. Coidamos as nosas sementes con moito mimo manténdoas sempre húmidas.
Non esquezades que podedes compartir con nós os vosos traballiños...! Non tedes mais que envialos a anosaescoladez@gmail.com. 






Mira atentamente o vídeo explicativo e ordea os pasos do crecemento da túa semente do 1 ao 6. 

FALAMOS COAS MANS

Coñecemos as froitas en Lingua de Signos...a practicar coas mans!!!


SEGUIMOS CANTANDO Á PRIMAVERA



Esta estación do ano ten un nome moi moi longo e, fíxate, está desordenado...



Ponlle orde ás letras. Cantas letras son? Cal é a primeira? E a última? Coñeces moitas palabras que comecen por esta letra? Podemos escribilas!

UN CONTO CANTADO

O Coelliño Branco tamén quere ir á horta. Que aventura lle acontecerá?




UN XOGO, UN EXPERIMENTO

Esta semana festexamos tamén a importancia da auga nas nosas vidas. Dende a escola queremos conmemoralo propoñéndovos un xogo e un experimento. 

A mollarse!




Estes días escoitamos moitas veces que temos que lavar ben as mans. Nelas pode haber bichiños ainda que non os vexamos...pero en canto botamos auga e un pouco de xabón...fuxen!

Aquí vos propoñemos un experimento para que vos fagades unha idea do rápido que se poden ir se facemos o que dicimos...soamente tedes que ter auga, xabón, un prato fondo, pementa negra e imaxinade que a pementa negra son os bechos...mirade como foxen! 





IMOS RETARNOS UN POUCO!

De seguro que tedes alguén ao carón que teña ganas de retarse con vós un pouquiño...! Aquí vos van algunhas ideas. Ollo, podedes practicar antes de propoñelo e así levades vantaxe...!



BATH TIME

E falando de auga...non podemos esquecer iso que tanto nos están repetindo...lavar as mans! Pero seguro que ademais das mans agora tamén tedes tempo a longos baños...que vos parece aproveitalos para cantar un pouquiño? Mira como fai Milo ou dalle un baño a eses bonecos que seguro que tamén o necesitan!




ATA PRONTO!

AQUÍ VAI UNHA PROPOSTA DE ACTIVIDADES

UN POEMA CANTADO

O SÁBADO 21 DE MARZO CONMEMÓRASE O DÍA DA POESÍA. MANUEL MARÍA, POETA GALEGO, AGASÁLLAVOS CUN FERMOSO POEMA ADICADO AO ARCO DA VELLA, SÍMBOLO DE QUE TODO IRÁ BEN!



-Podedes escoitar, cantar e recitar o poema, escribir os seus versos, buscar as letras do teu nome e os das túas amigas e amigos, contar o número de letras dalgunha palabra, ou buscar en cada verso todas as letras que coñecedes. 

- Podedes decorar tamén o voso Arco da Vella con algodón e/ous materiais e técnicas que mais vos gusten. 



TODO O QUE FAGADES ( fotos, vídeos, actividades...) PODEDES ENVIALO SE QUEREDES AO NOSO RECANTO DE CORREOS. Para isto debedes enviarnos as cousiñas a: anosaescoladez@gmail.com. O que vaiamos recibindo irémolo ensinando no blogue. 



UN CONTO 

ELMER TEN MAIS CORES QUE O ARCO DA VELLA!
Desfrutade desta inclusiva historia. 


DOUS XOGOS

PARA DESPEDIR O INVERNO, PROPOÑÉMOSVOS UN XOGO...precísase atención e os dediños ben lixeiros!!!


Velaquí vai outro no que precisades algo que seguro tedes ao carón:




Trátase dun xogo sinxelo, divertido e para o que únicamente precisades unha 'paleta matamoscas' e folios/papeis de cores. Neste caso, recortamos figuras xeométricas de distintas cores e espallámolas polo chan; unha persoa irá dicindo en voz alta as diferentes consignas: "cadrado amarelo", "círculo rosa"...e os nenos e adultos que estén a xogar deberán "cazar" o mais rápido posible o elemento indicado. 

Deste xogo pódense facer diferentes variacións, poñer números, palabras, letras, buscar o resultado de sumas sinxelas...

Deste xeito, traballaremos, ademais dos contidos de cores e formas xeométricas, a coordinación óculo-manual e a atención! 




UN POUQUIÑO DE EXERCICIO 

PREPARADOS PARA FACER EXERCICIO EN FAMILIA?

MOVE YOUR BODY

QUE VOS PARECE SE SEGUIMOS A MOVERNOS, PERO DESTA VEZ CUN DEDIÑO?




E para os/as mais atrevidos....quen se atreve a chegar ata o final subindo o ritmo?