OLA, OLA PRIMAVERA!
SI! O día 21 de marzo comezou a PRIMAVERA e, como cada ano, na escola poñémonos mans á obra co traballo da nosa horta!
Poproñémosvos a elaboración destes ECOSEMILLEIROS.
Para isto precisaredes:
- 1 cáscara de ovo.
- Rotuladores de cores ou témperas.
- Algodón ou panos de papel.
- 6 lentellas.
- Auga e sol.
- Escachar un ovo con coidadiño pola parte superior do mesmo (onde fai máis pico).
- Lavámolo con coidadiño e secámolo.
- Decoramos o ovo como máis nos guste, nós propoñemos unha cariña.
- Introducimos dentro do ovo un pouquiño de algodón ou un pano de papel e poñemos as sementes nel.
- Humedecemos o algodón ou o pano de papel con auga (só humedecer).
- Asentamos o ovo enriba dun tapón e ubicámolo nun lugar con luz solar.
- Coidamos as nosas sementes con moito mimo manténdoas sempre húmidas.
Mira atentamente o vídeo explicativo e ordea os pasos do crecemento da túa semente do 1 ao 6.
FALAMOS COAS MANS
Coñecemos as froitas en Lingua de Signos...a practicar coas mans!!!
SEGUIMOS CANTANDO Á PRIMAVERA
Esta estación do ano ten un nome moi moi longo e, fíxate, está desordenado...
Ponlle orde ás letras. Cantas letras son? Cal é a primeira? E a última? Coñeces moitas palabras que comecen por esta letra? Podemos escribilas!
UN CONTO CANTADO
O Coelliño Branco tamén quere ir á horta. Que aventura lle acontecerá?
UN XOGO, UN EXPERIMENTO
Esta semana festexamos tamén a importancia da auga nas nosas vidas. Dende a escola queremos conmemoralo propoñéndovos un xogo e un experimento.
A mollarse!
Estes días escoitamos moitas veces que temos que lavar ben as mans. Nelas pode haber bichiños ainda que non os vexamos...pero en canto botamos auga e un pouco de xabón...fuxen!
Aquí vos propoñemos un experimento para que vos fagades unha idea do rápido que se poden ir se facemos o que dicimos...soamente tedes que ter auga, xabón, un prato fondo, pementa negra e imaxinade que a pementa negra son os bechos...mirade como foxen!
IMOS RETARNOS UN POUCO!
De seguro que tedes alguén ao carón que teña ganas de retarse con vós un pouquiño...! Aquí vos van algunhas ideas. Ollo, podedes practicar antes de propoñelo e así levades vantaxe...!
BATH TIME
E falando de auga...non podemos esquecer iso que tanto nos están repetindo...lavar as mans! Pero seguro que ademais das mans agora tamén tedes tempo a longos baños...que vos parece aproveitalos para cantar un pouquiño? Mira como fai Milo ou dalle un baño a eses bonecos que seguro que tamén o necesitan!
ATA PRONTO!
No hay comentarios:
Publicar un comentario