POSTAIS DE NADAL

 Para felicitar estas datas o alumnado realizou un taller de papel reciclado na biblioteca. Riscamos, mollamos e batemos o papel. Que bonitas quedaron! Boas festas.



MES DA CIENCIA NA ESCOLA

 Durante o mes de novembro, os pequenos científicos/as da escola desfrutaron realizando experimentos que logo presentaron ós demais na biblioteca.



DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 Para conmemorar o día Internacional contra a violencia de xénero o alumnado preparou distintos carteis  con técnica de estampado que logo serviron para dramatizar e cantar a canción de " Los superpoderes" de Sopa Risa. Que ben o pasamos!

Podedes ver o vídeo no seguinte código QR.







CELEBRAMOS O SAMAÍN

Coa chegada do Samaín decoramos o colexio como se dentro dun castelo terrorífico nos atoparamos. Fixemos varias sesións de contacontos, xogos e experimentos na biblioteca do cole.



COÑECEMOS A XELIÑA

 Este novo curso comeza coa chegada dunha persoaxe moi especial, Xeliña, a mascota da nosa Biblioteca. Xunto a ela coñeceremos as normas de funcionamento deste espazo, adaptadas a pictogramas. Ademáis, serviunos de fío conductor para propoñer retos e distintas actividades que nos foi deixando nos buzóns que ten en cada porta das distintas aulas.





A ESCOLA DOS SUPERPODERES

Os superheroes e superheroínas chegaron ao cole, tema co que comezamos o noso PDI das emocións, que traballaremos ao longo do curso.



LINGUAS DE SIGNOS ESPAÑOLAS

O vindeiro domingo 14 de xuño conmemórase o DÍA NACIONAL DAS LINGUAS DE SIGNOS ESPAÑOLAS e por iso queremos adicar o día a elas. 

Para comezar, imos observar unha imaxe do alfabeto dactilolóxico de LSE. 



Saberíades dicir os vosos nomes? E o dos vosos pais e nais? A probar, e a ver con que nos sorprendedes!

Se lembrades, ao longo dos días fumos vendo contos e cancións nas que se empregaba a lingua de signos: no Monstro de cores aparecían as diferentes cores, noutra ocasión viamos os nomes dos animais... Poderiades recordar algún deles? Imos a axudarvos un poquiño.




E velaquí vos traemos algo novo. Trátase do conto da Lúa e os seus amiguiños. Imos escoitar e ollar con atención, a ver si sodes capaces de nomear a Lúa, o Sol, o caracol...en lingua de signos!



PROTAGONISTAS

Vós sodes os nosos protagonistas principais e por iso hoxe queremos adicar esta entrada a recoller algunhas  fotos recibidas cos vosos traballiños


As palabras en galego favoritas: 


E as vosas obras de arte, increíbles:





Lembrámosvos que no apartado do blogue "Os vosos traballiños" imos subindo montaxes coas fotografías que ides enviando todos ao noso correo anosaescoladez@gmail.com

Moitas grazas por poñer tanto esforzo!

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

O 5 de Xuño celébrase o Día Mundial do Medio Ambiente e nós queremos celebralo todos xuntos tamén. 

Imos comezar unha canción que nos trae unha mensaxe moi importante A RECICLAXE, estade moi atentos e atentas. 



E agora, imos procurarar descifrar esta mensaxe secreta. Ollade as imaxes, por que letra comezan? Cal é o segredo que agochan?


Cando falamos de Medio Ambiente sabedes que falamos de todo aquilo que nos rodea de forma natural: a auga, a terra, as árbores, as follas, o vento... Ofrécennos moitas posibilidades, por iso, queremos que empreguedes con nós todos estes elementos, pero temos dun xeito responsable e coidándoos. 


Imos comezar por escribir con un deles axudándonos cun cordel. Que palabras se vos ocorren? Con que ides facelas?


Ademais, temos algo moi preto que tamén nos sirve para moito: as pedriñas. Animádesvos a decoralas como máis vos guste? Podedes pintalas ao voso gusto! Se queredes ata podedes inventar un conto con elas ou xogar ao tres en raia ou dominó!


Antes falabamos das follas e hai uns días tamén das flores. Imos deixar voar a nosa creatividade con elas. Estamos desexando ver as vosas obras de arte. Aquí vos deixamos algunhas ideas. 


Como vos diciamos, temos que coidar todo o que nos rodea. As pegadas que deixemos no entorno teñen que ser moi moi pequeniñas, como se andivesemos nas puntas dos pés para non destrozalo. E falando de pegadas e puntas dos pés, aquí tedes un xogo moi divertido.


Por último, hoxe falamos do planeta, do mar, da terra e das árbores. Sabedes como se di iso en inglés? Premede na imaxe e repetide con nós os seus nomes. 



AXUDANTES DO FOGAR

Hoxe imos cunha proposta diferente e moi coñecida por todos e todas. Imos converitrnos en axudantes esenciais nas casiñas!

Seguro que todos estes días que pasastes máis tempo na casa vistes ás mamás, ós papás, ós avós, ás avoas, ós irmáns e irmás maiores traballar na casa. Nós, queremos que con estas propostas colaboredes a partires de agora con eles. 


Gustaríanos moito ver fotiños vosas colaborando, non dubidedes mandalas ao noso correo (anosaescoladez@gmail.com)

Imos ver un conto dunha mosquiña que, despois de ter un novo fogar, decidiu facer un festexo e convidar aos seus amigos. 


A Mosca Chosca invita aos seus amigos a merendar, pero vós sabedes o que se necesita para facer unha boa merenda na casa? 

Aquí vos propoñemos unha idea. Axudade na casa a facer a lista para ir á compra e, con sentidiño, ir ao supermercado será máis organizado!


Sabedes o que nos entrou despois de pensar en todo isto...? Pois moita fame! Coma lles pasa aos nosos amigos, escoitade. 


Cal é o voso bocata favorito? Ou como o facedes? 

E pensando en ir ao supermercado e facer a lista da compra...seguro que vos animades a apuntar aqueles alimentos que todos temos nas nosas casas. Imos facelo algo máis divertido. Incluide algún destes pruductos en inglés e deixaredes a todos e todas abraiados. 

Preme na imaxe


Preme na imaxe

A ARTE

Para rematar a semana decidimos seguir falando de arte. 

Imos comezar por aquelas persoas que fan arte. Sabedes como se chaman? Son ARTISTAS


A danza, a música, a fotografía, a pintura...todas elas son grandes exemplos de arte. Sabedes como se chaman eses diferentes artistas



E como sabemos que vós tamén sodes uns e unhas artistas imos propoñervos algo. 

Aquí temos un tipo de arte que chamamos LAND ART. "Land" en inglés siginifica "terra" e "art" é "arte", polo que xa vos imaxinades a que nos estamos a referir. De todos xeitos, ainda que queremos que fagades arte aproveitando a nosa natureza máis próxima e deixedes voar a imaxinación, aquí tedes algúns exemplos do que estamos a falar. 



Estamos desexando que nos sorprendades coas vosas creacións. 

Ademais, hai algo que tamén temos todos moi preto para facer verdadeiras obras de arte...e son as nosas mans. 

Buscade algún sitio con sombra ou xogade coas luces da casa e a ver se sodes quen de conseguir estes animaliños nas vosas casas.


Por último imos a presentarvos a un artista que pintou diferentes animais, saberedes cales son? 


DÍA DOS MUSEOS

Ola a todos e todas. Despois das Letras Galegas, seguimos cun día especial, o Día dos Museos. 

Por iso, a nosa proposta de hoxe lévanos ata este lugar onde podemos atopar tantas cousas diferentes e magníficas: cuadros, esculturas, obxectos antigos....


Imos comezar por unha breve introducción a un dos museos máis importantes do mundo: o Museo do Prado, en Madrid. 


No Museo de Prado podemos, como vedes, perdernos con todo o que ten dentro. Que vos parece se nos detemos a ver unha obra que nos gusta moito?

Trátase dun xardín, o Xardín das Delicias, un cadro pintado por El Bosco. 


Acabamos de ver a palabra museo, pintora e cadro...podedes axudarnos a atopalas? 




Sabemos que a vós tamén vos gustan moito os cadros, pero seguro que o que vos vai encantar é ser os protagonistas dos vosos propios cadros. Que vos parece se escolledes unha obra e a representades? Aquí tedes algúns exemplos.



Animádevos e mandádenos as vosas fotiños a anosaescoladez@gmail.com


E falando de xardíns e de pintores...fai uns días falabamos dos nomes das flores en galego e en inglés. Acordádesvos do que era "daisy"?

Imos entre todos a pintar a nosa propia. Para iso, aquí tedes os materiais que necesitades. 

Preme na imaxe

Podedes decidir vós como queredes facela, pero tamén podedes ollar como o fai este papá e a súa filla, seguro que vos axuda a decidir. 


CARBALLO CALERO

Chegamos ao final da semana e estamos cerquiña da celebración do Día Das Letras Galegas.

Cada ano temos un protagonista galego diferente. Este ano acompáñanos Carballo Calero. Os nosos amigos, os Bolechas, axúdannos a saber quen era. 

Pulsar na imaxe

Acordádesvos de como se escribe o nome do protagonista das Letras Galegas deste ano? Aquí tedes un xogo co seu nome. 

Pulsar na imaxe

Carballo Calero escribiu moitos contos, un deles ten como protagonista un animaliño que todos e todas coñecedes, vexamos logo As pitas baixo a choiva. 


Sabedes que animaliño era ese do que falabamos? Seguro que o viste de varias formas. 


E seguimos xogando. Agora cun quebracabezas. Coñecedes a quen vemos ao final?

Pulsar na imaxe

Sabemos que iso de ser detectives encántavos. Por iso hoxe propoñémosvos un xogo para descubrir a palabra agochada. Coa axuda de alguén da familia, animádevos a escoller unha desas palabras que tanto vos gusta e, a xogar!




O NOSO MUNDO É


Comecemos o día escoitando unha canción que nos fala do noso mundo máis preto.


Que bonito poder dicir:
que fermoso sae o sol
esta mañá para ti.

Que bonito poder sentir
a ledicia, a morriña,
escachar a rir!

Que bonito poder falar
con agarimo a un amigo,
dar un bico á túa nai.

Que festeiro aturuxar,
cando danzas na punteira
e un gaiteiro está a tocar.

En galego falo,
en galego sinto,
en galego canto.
Sabes que non minto!
En galego todo podo facer,
en galego estou no mundo,
MEU O MUNDO É!
(...)

Que fachenda poder viaxar
en carrilana, e despois
unha feira visitar.

Que bonito o respirar
o recendo dunha xesta,
escoitar o mar!

Que sorte poder contar
teño dedas, teño unllas,
teño dúas mans!

Que bonito poder xogar,
ver voar un papaventos,
abanéome nun bambán.

En galego falo
(...)


Ledicia, morriña, agarimo, amigo...son algunhas das palabras que podemos escoitar e tamén ler nesta canción.
 
De todos xeitos, son moitas as palabras en galego que nos producen ese sentimento de morriña que soamente os galegos e galegas temos. 

Nós, escollemos unha palabra única, a ver que vos parece:


Propoñémosvos que cada un de vos escolla unha palabra en galego e a decore nun papel ou onde se vos ocorra. 

Con todas as que nos enviedes podemos facer un mural conxunto, o mural das nosas palabras galegas, o mural da nosa escola! 

Estamos desexando saber que é aquilo que máis vos gusta escoitar e dicir!

Animádevos e enviádenos todo o que teñades a anosaescoladez@gmail.com.

A COMER

Todas e todos sabemos o que nos gusta comer...e de seguro que se vos preguntamos o que mais vos gusta, algo temos todos en común!

Hoxe imos adicar o día a algo que comemos todos os días e que nos encanta a todos, que será?

Maruxa e Pepiño son uns cociñeiros fabulosos pero algo lles pasa cando queren facer...pan!


Pois si, amiguiños, o pan. A quen non lle gustan unhas tostas no almorzo ou un pouquiño de chocolate no bocata da merenda? 


Facer pan semella sinxelo, pero acordádesvos de todo o que se precisa? 




E se vos animades, a facer un boliño ben, ben rico e saboroso!

IMOS A XOGAR

Hoxe imos adicar o día a algo que vos gusta moito: os xogos!

En Galicia temos unha morea de xogos tradicionais: a mariola, os bolos, a rá, a corda... 

Serías capaz, coa axuda da familia, de completar o seguinte encrucillado? 



Nós presentámosvos os Birlos, tamén coñecidos como bolos celtas. 

Intentando adaptarnos un pouqiño ás circunstancias nas que estamos, elaboramos esta versión caseira á que podemos xogar todos na casa. 


De todos xeitos, estamos seguros de que ides argallar outras formas de facelos ou utilizar diferentes materiais, deixade voar a imaxinación!


Coñecedes algún xogo máis? Seguro que os papás, as mamás ou os avós e avoas vos saben dicir algún.

Animádesvos a elaboralo na casa e mandarnos algunha fotiño ao noso correo? Lembrade que estaremos desexando vervos. 
anosaescoladez@gmail.com


SEMANA EN GALEGO

O vindeiro domingo, 17 de maio, celébrase o Día Das Letras Galegas. 

Como xa vos imaxinades, nós dende a escola, queremos poñer en valor a importancia, non só da data, senón tamén de achegar a todo o noso alumnado á lingua e á cultura galega. 

Para iso, propoñémosvos facer unha homenaxe á nosa lingua ao longo de toda a semana. A través de diferentes recursos poderemos ir vendo como empregamos o galego para xogar, cantar, bailar ou falar. 

Deste xeito, os nosos protagonistas esta semana argallarán coas cancións, contos, xogos... Preparados para o primeiro? 

Aquí vos deixamos unha canción que seguramente moitos de vós coñecedes na casa e algunha vez cantastes iso que di "e pousa, e pousa, e pousa...." ou vos sona algo dun baile que se escoita no vídeo. Vexamos logo.


Estivestes ben atentos? Que é logo aquilo que bailamos os galegos e galegas tan tan ben? Axúdanos.



Ata mañá amiguiños!


UNHA VOLTA VIRTUAL POR EUROPA

O vindeiro 9 de maio conmemoramos o Día de Europa e, que mellor xeito de facelo que viaxando xuntos polo noso continente!

Coñecemos agora algúns monumentos do noso Patrimonio europeo. Prestade atención a ver se coñecedes algún!



Convidámosvos a xogar!! Primeiro ollade o mapa.



E agora, coa axuda dos maiores seredes quen de localizar neste mapa interactivo algúns deses monumentos?


Picade nas imaxes. 


E que tal se seguimos a investigar? Empregando a ferramenta de Google Earth ou Google Maps podedes viaxar por toda europa e visitar cada un destes monumentos!
Picade nas imaxes para acceder



A vós a onde vos gustaría viaxar? Como planificades a vosa viaxe? Animámosvos a que vaiades organizando todo coa seguinte guía persoal de viaxeiro!




Viaxando coñecemos culturas, tradicións e como non...linguas! Aquí tedes algunha idea de como saudar aos nenos e nenas doutros países e poder facer amigos e amigas no mundo enteiro!


Lembrade enviar as fotiños a anosaescoladez@gmail.com

OS MAIOS, UNHA FESTA DE FLORES!

Dicímoslle adeus ao mes de abril festexando aniversarios!!! Parabéns amigos e amigas!


Para despedir o inverno festéxase a tradición dos maios, unha festa galega que nos permite exaltar con flores a nosa marabillosa natureza!



Coñecemos agora os nomes dalgunhas flores comúns.



Escribimos os nomes das flores!



E agora fixádevos ben! Cantas flores hai iguais ao modelo?



Foron moitas as cancións populares que cantaron a esta flor...Adiviña!



E agora dúas maiopropostas...





Sorpréndenos coa túa creatividade!!!

Ademais, sabemos que tedes curiosidade por saber o nome dalgunha delas en inglés! Se pulsades na foto e no debuxo da orelliña podedes escoitar os seus nomes. 




E agora, saberiades que nome se atopa detrás de cada flor escondida?



Ah! Lembra enviarnos os teus traballiños a anosaescoladez@gmail.com