O vindeiro domingo, 17 de maio, celébrase o Día Das Letras Galegas.
Como xa vos imaxinades, nós dende a escola, queremos poñer en valor a importancia, non só da data, senón tamén de achegar a todo o noso alumnado á lingua e á cultura galega.
Para iso, propoñémosvos facer unha homenaxe á nosa lingua ao longo de toda a semana. A través de diferentes recursos poderemos ir vendo como empregamos o galego para xogar, cantar, bailar ou falar.
Deste xeito, os nosos protagonistas esta semana argallarán coas cancións, contos, xogos... Preparados para o primeiro?
Aquí vos deixamos unha canción que seguramente moitos de vós coñecedes na casa e algunha vez cantastes iso que di "e pousa, e pousa, e pousa...." ou vos sona algo dun baile que se escoita no vídeo. Vexamos logo.
Estivestes ben atentos? Que é logo aquilo que bailamos os galegos e galegas tan tan ben? Axúdanos.
Ata mañá amiguiños!
No hay comentarios:
Publicar un comentario