Comecemos o día escoitando unha canción que nos fala do noso mundo máis preto.
Que bonito poder dicir:
que fermoso sae o sol
esta mañá para ti.
Que bonito poder sentir
a ledicia, a morriña,
escachar a rir!
Que bonito poder falar
con agarimo a un amigo,
dar un bico á túa nai.
Que festeiro aturuxar,
cando danzas na punteira
e un gaiteiro está a tocar.
En galego falo,
en galego sinto,
en galego canto.
Sabes que non minto!
En galego todo podo facer,
en galego estou no mundo,
MEU O MUNDO É!
(...)
Que fachenda poder viaxar
en carrilana, e despois
unha feira visitar.
Que bonito o respirar
o recendo dunha xesta,
escoitar o mar!
Que sorte poder contar
teño dedas, teño unllas,
teño dúas mans!
Que bonito poder xogar,
ver voar un papaventos,
abanéome nun bambán.
En galego falo
(...)
Ledicia, morriña, agarimo, amigo...son algunhas das palabras que podemos escoitar e tamén ler nesta canción.
De todos xeitos, son moitas as palabras en galego que nos producen ese sentimento de morriña que soamente os galegos e galegas temos.
Nós, escollemos unha palabra única, a ver que vos parece:
Propoñémosvos que cada un de vos escolla unha palabra en galego e a decore nun papel ou onde se vos ocorra.
Con todas as que nos enviedes podemos facer un mural conxunto, o mural das nosas palabras galegas, o mural da nosa escola!
Estamos desexando saber que é aquilo que máis vos gusta escoitar e dicir!
Animádevos e enviádenos todo o que teñades a anosaescoladez@gmail.com.
No hay comentarios:
Publicar un comentario